Thursday 25 de April de 2024

O Concello de Neda será unha das sedes do Campionato de España de Seleccións Femininas de Fútbol Sala Sub-19 e Sub-16


Os encontros poderán seguirse dende as gradas do pavillón municipal de Neda o luns, martes e mércores da próxima semana

O pavillón municipal de San Isidro de Neda acollerá a partir do vindeiro luns, 2 de maio, os partidos correspondentes á fase de grupos do Campionato de España de Seleccións Femininas de Fútbol Sala que se disputarán en Galicia.

O campionato está organizado pola Real Federación Española de Fútbol, coa colaboración da RFGF e o Concello de Neda.

O municipio albergará os partidos correspondentes ao Grupo B das seleccións Sub 19 e Sub 16, que estará integrado polas territoriais de Andalucía, Rexión de Murcia e Navarra, co calendario que segue a continuación:
Sub-19 Feminina

XORNADA    DATA              PAVILLÓN              HORA      SELECCIÓNS      SELECCIÓNS
1                        02/05            Municipal de Neda  12:15          MURCIA            NAVARRA
2                      03/05              Municipal deNeda   12:15      ANDALUCÍA       PERDEDOR
PRIMER PARTIDO
3                     04/05              Municipal de Neda  12:15      ANDALUCÍA GAÑADOR PRIMER
PARTIDO
Clasificarase para semifinais a selección que ocupe o primeiro lugar do grupo.

Sub-16 Feminina

XORNADA    DATA              PAVILLÓN              HORA      SELECCIÓNS      SELECCIÓNS
1                        02/05            Municipal de Neda  10:00          MURCIA            NAVARRA
2                      03/05              Municipal deNeda   10:00      ANDALUCÍA       PERDEDOR
PRIMER PARTIDO
3                     04/05              Municipal de Neda  10:00      ANDALUCÍA GAÑADOR PRIMER
PARTIDO

Na mañá de hoxe, Rafael Louzán Abal, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, desprazábase á casa consistorial de Neda xunto ao delegado da RFGF en Ferrol, Abraham Yáñez Martínez, para ultimar os detalles da organización coa concelleira de Educación e Deportes, Ángeles Puentes. En nome da Real
Federación Galega de Fútbol, agradecía ao Concello de Neda, ao alcalde, Ángel Alvariño, e á edil a colaboración brindada para acoller este evento nacional que convertirá á localidade en epicentro do fútbol sala femenino. Destacaba o tirón que este tipo de campionatos ten entre afeccionados de toda España, especialmente un público familiar, e como é habitual, vaticinaba que as gradas de San Isidro
encheranse de seareiros e seareiras.

Pola súa banda, a concelleira de Deportes e Educación animaba a todos os afeccionados e afeccionadas ao fútbol sala de Ferrolterra a seguir en directo un campeonato que se presenta apaixoante.

O fútbol sala feminino goza dunha gran tradición na nosa Comunidade, coa presenza de 4 equipos en Primeira División e outros 8 en Segunda, en el, o Concello ten na xogadora internacional Ale de Paz a mellor das representantes.